Biomas de climas frios
A tundra: Ocupa as zonas próximas aos círculos polares, as temperaturas son moi baixas todo o ano e as precipitacións caen en forma de neve, a vexetación arbórea é escasa. Durante unha gran parte do ano a tundra atópase cuberta de xeo
A taiga: Ocupa as zonas de Europa Canadá e Asia proximas aos Polos e é o bioma mais grande
O clima frío continental con invernos longos e moi fríos e veráns temperados e curtos. As choivas son escasas e no inverno en forma de neve
O deserto frío: Normalmente tendemos a identificar o termo deserto con zonas secas e áridas do planeta, con todo esta denominación debe asociarse a aqueles lugares de escasas precipitacións. A antártida é o maior deserto xeado da terra
Biomas de climas temperados
O bosque caducifolio: Este tipo de vexetación de folla caduca é característico de climas con temperaturas temperadas e choivas abundantes. Ocupa a zona atlántica da península Iberica
O bosque mediterraneo: A zona mediterránea caracterízase por ter un clima de invernos temperados e de veráns cálidos. As choivas son escasas e irregulares, sobre todo durante a primavera e o outono
Biomas de clímas cálidos
O bosque tropical: Sitúase a ambos os dous lados do ecuador e a súa vexetación é mais frondosa
O clima caracterízase por non ter grandes oscilacións e manter unha temperatura media arrededor de 25º e precipitacións constantes durante todo o ano
O deserto cálido: Localízase en zonas que están afastadas do mar ou arredor das zonas tropicais onde as nubes perden a auga polo que o aire é moi seco
O clima desértico caracterízase por un gran contraste térmico entre o día e a noite podendo chegar a darse unha osciliación térmica de ata 40ºC
Comentarios
Publicar un comentario