Tema 4:1 ADN e información xenética

 O descubremento da estructura do ADN


En 1953 descubriuse a estructura de dobre hélice do ADN por James Watson e Francis Crick, os seus resultados non serían posibles sin os experimentos de Maurice Wilkins e Rosalind Franklin (esta última morreu antes de que se lle poidera dar o premio Nobel)

 

 As claves da estructura do ADN


A molécula de ADN é un polinucleótido, formado por duas cadeas de nucleótidos enrolados entre sí

  • As dúas cadeas de nucleótidos interaccionan entre si polo apareamento ou complementaridade das duas bases A-T G-C
  • A dobre hélice é unha estructura estable grazas aos enlaces que se forman entre as bases complementarias
  • As dúas cadeas son antiparalelas ao estar orientadas de maneira oposta
  • A información xenética codifícase pola orde na que se unen os seus nucleótidos, isto denomínase secuencia de nucleótidos
  • A única diferenza entre a información xenética de cada individuo é a secuencia de nucleótidos do seu ADN

 

 En que consiste a replicación do ADN

Durante a división celular a célula debe repartir copias idénticas de ADN ás dúas células fillas . Para iso debe realizarse unha copia idéntica e sen erros da secuencia de nucleótidos do seu ADN 

Esté é o proceso mediante o que se poden formar as dúas cromátides idénticas dos cromosomas que observas durante a metafase da mitose, denomínase replicación do ADN e ten lugar no núcleo durante a fase S da interfase do ciclo celular

Replicación del ADN

Pasos da replicación do ADN

 

A dobre hélice do ADN desenrólase, os enlaces entre as bases rompen e as dúas cadeas sepáranse

Os nucleótidos libres, presentes no núcleo, únense ás bases da molécula de ADN inicial, de acorde coas regras de apareamento de bases: A-T e G-C, e establécense de novo os enlaces entre elas

Os novos nucleótidos incorporados únense ente si e dan lugar ás novas cadeas de ADN . Neste proceso interveñen encimas denominadas ADN polimerases

Este proceso continúa ata que se forman dúas moléculas de ADN idénticas (dúas dobres hélices)

Este modelo de replicacion denomínase replicación semiconservadora, xa que as moléculas de ADN formadas posúen unha das cadeas orixinais e unha nova

Aula Virtual de Biología

Comentarios