A vida na terra
Malia o interese dos científicos por coñecer a posibilidade de que poida haber vida nutros planetas, ata o momento descoñécese a súa existencia, polo menos no sistema solar
A diversidade de seres vivos que caracteriza o noso planeta foi posible grazas ás condicions ambientais da Terra. As mais importantes son:
- A existenza dunha atmósfera protectora
- Unha distancia ao Sol que proporciona a temperatura adecuada
- Unha achega contiua de enerxía solar
- A existencia de auga en estado líquido
A zona da Terra habitada por seres vivos que ocupa a totalidade do planeta coñécese como biosfera
Que é un ecosistema
Un sistema defínese como un conxunto de elementos interrelacionados que funcionan de maneira coordinada
A Terra é un sistema integrado por distintos elementos físicos e biolóxicos interdependentes moi complexos e que se manteñen nun equilibrio inestable. Para poder estudar e comprender mellor o funcionamento global da biosfera estableceuse un termo convencional: ecosistema
Denomínase ecosistema a un sistema constituido por organismos que se relacionan de seu e co espazo no que se instalan
Segundo as condicións ambientais e as propiedades do solo, os ecosistemas que se desenvolven son diferentes en canto a súa composición e estructura
Ecosistemas naturais e artificiais
Na época moderna a especie humana foi capaz de transformar os ecosistemas naturais conxunto da biosfera e crear espazos onde viven comunidades de seres vivos
Estes espazos podémolos considerar ecosistemas artificiais, cuxa principal caracteríastica é que son insustentables a longo prazo.
Polo tanto son ecosistemas artificiais as cidades, as zonas industriais e as súas interconexións e mesmo as explotacións agrícolas e gandeiras modernas. Ningún destes ecosistemas posúe unha fonte inesgotable de enerxía como sucedo nos ecosistemas naturais
Elementos que integran un ecosistema
Os ecosistemas están formados polos seguintes dous elementos:
- Biocenose: É o conxunto de seres vivos que habitan un lugar
- Biótopo: É o lugar sobre o que se asenta a biocenose
Os seres vivos dun ecosistema pertencen a reinos distintos e agrúpanse en diferentes especies
O concepto de especie fai referencia a un conxunto de individuos con características físicas similares, capaces de reproducirse entre si e producir descendencia fértil
Nas últimas décadas a bioloxía molecular permitiu clasificar aos organismos en especies non só polas características morfolóxicas senón tamén pola súa composición química
Os seres vivos agrúpanse
Todos os seres vivos que poboan a terra tenden a agruparse formando entidades cada vez mais complexas isto proporciónalles vantaxes para a supervivencia e a reproducción
Segundo a cantidade de individuos e o número de especies que as integran as agrupacións mais importantes son:
- Poboacións: Son grupos de organismos da mesma especie que viven nunha área e nun tempo determinados: por exemplo, un formigueiro, unha bandada de aves ou un banco de peixes
- Comunidades: Son agrupacións de poboacións de distintas especies que viven nun lugar determinado, entre as que se establecen relacións de interdependencia como tamén sucede no caso das poboacións
Por exemplo todos os organismos dun bosque, dun lago ou dun xardín forman unha comunidade
Todas as especies dunha comunidade posúen adaptacións ao ambiente no que viven
Comentarios
Publicar un comentario