Tema 5:1 Teorías sobre a orixe da vida

 Teoría da xeración espontanea


En todas as culturas, a  orixe da vida tivo unha explicación cuxo denominador común era a intervención divina

Un dos primeiros intetos de dar unha explicación racional a esta cuestión foi a idea da xeración espontánea, que sostivo Aristóteles. Esta teoría di que a vida xurdiu na Terra a partir da materia inerte que espontaneamente transfórmase en materia viva, debido ao prestixio de Aristóteles estas ideas perduraron séculos

Esta teoría descartouse grazas aos experimentos de Redi e Pasteur, no que se illaba un medio no que en teoría xeraríase vida meidante a xeración espontánea do resto dos seres vivos, como resultado viuse que non se creu vida da nada e que un ser vivo nace doutro

Experimento de Redi y la teoría de la biogénesis - Escuelapedia - Recursos  EducativosTeoría da sopa primitiva

 Desde o momento no que se demostrou que a xeración espontánea non existía abriuse unha nova vía de estudo e experimentación para explicar a orixe da vida na terra

A principios do século XX propúxose que a vida xurxiu de procesos fisicoquímicos ocorridos na atmósfera primitiva

Etapas do caldo primitivo:

- As moléculas da atmósfera primitiva reciben unha gran cantidade de enerxía da radiación solar e as tormentas elécticas e forman moléculas orgánicas sinxelas

- Caen á superficie terrestre e forman o caldo primitivo, un ambiente con gran cantidade de biomoléculas

- As moléculas  reaccionan entre sí e  foman organismos mais complexos, acabando por crear  células

O cientifico Stanley Miler intentou recrear esto pero non se creou a vida, só moléculas orgánicas sinxelasExperimento: El Caldo Primordial - Monografias.com

Comentarios