Tema 7.1 Os ecosistemas necesitan materia e enerxía

 A materia contén enerxía


Os ecosistemas funcionan como sofisticadas factorías que requiren materia e enerxía. O sol é a principal fonte enerxética para a maioría de seres vivos ao ser captada pola clorofila dos autótrofos e transferida ao resto dos seres vivios en forma de enexía química polas moléculas orgánicas


A materia e a enerxía

A materia existe nos ecosistemas baixo distintas formas: materia inerte (minerais) e a materia orgánica (seres vivos)
A materia é limitada polo que se recicla continuamente, pasa do medio aos seres vivos e viceversa, por este motivo existen o ciclo do carbono, do fósforo, da auga...
Pero a enerxía, en contraposición, non se recicla senón que flue (xa que se perde en forma de calor ou coas feces) só unha pequena parte pasa dun ser a outro mediante a nutrición

A produtividade dos ecosistemas

Denomínase produtividade a cantidade de materia orgánica formada por unidade de superficie e tempo
Os ecosistemas terrestres son mais productivos que os acuáticos xa que aproveitase toda a superficie mentras nos acuáticos só a zona fótica (a zona a que chega a luz do sol).
A materia formada polos produtores chamase produtividade primaria e a formada polos consumidores secundaria

A obtención de materia e enerxía

Todos os organismos obteñen enerxía a partir das moléculas orgánicas ainda que non do mesmo xeito: Os autótrofos forman a súa propia materia orgánica polo que se lles chama produtores. Os heterótrofos necesitan alimentarse doutros, polo que se chaman consumidores. Hai varios tipos de consumidores: Os primarios (alimentanse directamente dos autótrofos) , os secundarios(aliméntanse dos consumidores primarios) e os terciarios (aliméntanse de consumidores secundarios).
A esta secuencia na que uns aliméntanse de outros denomínase cadea trófica, cada un dos elos desta cadea denomínase nivel trófico

O último nivel desta cadea son os descompoñedores que se alimentan da materia do resto (normalmente cando xa están mortos). Son moi útiles para que a materia se recicle▷ Cadena trófica 【también conocida como cadena alimentaria】

Comentarios