Tema 5:8 Os parentes próximos da especie humana

 Os prehomínidos


A partir da desaparición dos dinosaurios, distintos mamíferos e, entre eles, os primates, tiveron moito éxito reproductivo.

Coñécense restos fósiles de especies de monos evolucionados de entre 7 e 5 millóns de anos, con notables progresos no bipedismo e ben adaptados a situacións cambiantes do clima


Os primeiros homínidos: os australopithecus


Hai aproximadamente 4.5 millóns de anos aparecen os primeiros homínidos. os australopithecus. Coñécense varias especies: o Australopithecus anamensis, o Australopithecus africanus e o Australopithecus afarensis. A partir do primeiro diferéncianse dúas liñas, uns de tipo moi robusto, denominado parantropos (Paranthropus robustus e boisei) e outros mais gráciles que serían os que se supón que van evolucionar cara o xénero Homo

Entre os fósiles máis coñecidos están un macho infantil coñecido como Neno de Taung (Australopithecus africanus) e a femia mais famosa chamada Lucy (Australopithecus afarensis)

Os australopithecus viviron en Áfica na contorna dos bosques ou entre o bosque e a sabana arborizada


Características físicas


A característica principal é que eran bípedes, xa que as pegadas das súas pisadas demostran que camiñaban dereitos

Estes homínidos tiñan a cara ancha e plana e un cerebro un pouco maior que o dos chimpancés. As mandíbulas contiñan grandes molares grandes e grosos, adaptoados para triturar raíces e froitos secos. As súas pernas eran curtas. As femias non superarían o metro de altura e os machos, o metro e medio. As mans eran parecidas ás dos humanos e podían coller obxectos

Árbores filoxenéticas


As árbores filoxenéticas son arbores que amosan gráficamente as relacións evolutivas entre varias especies que teñen un devanceiro común. Cada rama terminal da árbore representa unha especie. Os puntos de ramificación representan a diverxencia de dous ou mais grupos a partir dun devanceiro común. O grao de parentesco determínase desde as ramas superiores ás inferiores.

A raíz da árbore representa o devanceiro común e as puntas os descendentes, a medida que se ascende avánzase no tempo

Zoowiki








Comentarios