Tema 5:7 A orixe da especie humana

 Cales foron os antepasados da especie humana? A especie humana, coma o resto das especies, apareceu no transcurso da evolución, pero non é sinxelo saber cando apareceron exactamente os primeiros seres humanos

As característica que diferenzan á nosa especie do resto dos primates é o resultado dun longo proceso evolutivo chamado hominización


O proceso de hominización


A hominización caracterízase por cambios anatómicos, cambios representativos, reproductivos, no desenvolvemento e xenéticos


Algúns cambios anatómicos


Adquisición dunha postura bípede ou ergueita, esta característica relaciónase cun cambio climático polo cal se pasou dunha selva arborizada a unha árida sabana e que obrigou a un grupo de primates a abandonar a súa vida arbórea para camiñar en grandes espazos abertos.

O bipedismo facilita observar o horizonte por encima das herbas altas, cruzar canles con pouca profundidade e percorrer grandes distancias

O bipedismo levou consigo uns cambios no esqueleto, a columna adquire forma de S, a pelve acúrtase e ensánchase e as extremidades inferiores alónganse, o dedo pulgar do pé deixa de ser opoñible



Cambio nas extremidades: As mans liberanse, e úsanse para agarrar utensilios, gañan movilidade o polgar oponse, gañase precisión e cambiase a pinza de presión pola de precisión

As extremidades inferiores volvense só locomotoras e as superiores manipuladoras de obxetos



Remodelación do rostro e da dentición: Como consecuencia da diversificación da dieta, que tende a ser ovnivora e os alimentos cocíñanse, as pezas dentarias sofren menos desgaste e reducen o seu tamaño



Desenvolvemento do encéfalo e da linguaxe: Adquire unha maior complexidade, auméntase a capacidade cranial e o núero de neuronas, aparece e desenvólvese a linguaxe que permite a transmisión de ideas e coñecementos entre individuos


Cambios reprodutivos e o desenvolvemento

O sexo diferenciado dos outros animais. A especie humana tivo éxito reprodutivo pola desaparición do celo, un longo tempo de maduración, o ciclo de vida dos seres humanos caracterízase pola existencia de fases que non existen noutras especies

Cambios xenéticos: A especie humana posúe en común mais do 98% do ADN. Polo que se deduce que proceden dun ancestro común moi cercano

Malia iso, as diferenzas entre os humanos e os chimpances son maiores debido as mutacións que provocan diferenzas entre as dúas especies

Comentarios