Tema 5:6 As probas da evolución

Probas anatómicas


Baséanse no estudo das similitudes e diferenzas que presenta un mesmo órgano en distintas especies, co fin de comprobar posibles relacións de parentesco


Órganos homólogos: Son aqueles que, malia ter unha estructura internamente semellanta, están adaptados para realizar distintas funcións, son estructuras herdadas dun antepasado común


Órganos análogos: Son aqueles que teñen unha constitución anatómica diferente pero que presentan semellanza por desempregar a mesma función. Teñen unha orixe distinta pero parécense porque fan o mesmo






Probas bioxeográficas


Fundaméntase no estudo da distribución xeográfica das especies. A teoría da evolución sostén que os individuos que habitan xuntos unha determinada área evolucionan de xeito semellante e os que habitan unha distinta desenvolven formas distintas, por exemplo os camélidos, os camellos e dromedarios son moi parecidos entre eles pero diferéncianse bastante das llamas ou alpacas



Progas embriolóxicas


Baséanse no estudo do desenvolvemento embrionario dos animais co fin de descubrir semellanzas e intenta deducir parentescos evolutivos entre os devanditos organismos, por exemplo, as diferenzas dun embrión de especies cercanas evolutivamente parécense mais que as de especies mais lexanas



Probas paleontolóxicas


Baséanse no estudo comparativo dos fósiles que existiron nos diferentes periodos xeolóxicos, obsérvase un aumento da complexidade na organización xeral a medida que os fósiles van sendo mais modernos



Probas recentes da evolución: Probas moleculares


Actualmente, a bioloxía molecular achega as evidencias mais convincentes a favor dos organismos:

Uniformidade na composición quimica dos seres vivos: Cando se comparan distintos organismos a nivel molecular ponse de manifesto que existe uha unidade química que indica a existencia de devanceiros comúns a todos eles. Canto maior é o parentesco evolutivo entre dúas especies, mais parecidas son a nivel molecular

Por exemplo, existen moléculas como a quitina, presente no exoesqueleto dos artrópodos: a hemoglobina, presente no sangue de todos os vertebrados ou a clorofila, presente en todas as plantas verdes, que evidencian en cada caso unha mesma orixe evolutiva


Secuencias de proteínas e de ADN: Cando se comparan secuencias de aminoácidos de proteínas ou secuencias de nucleótidos de ADN de distintas especies podese obter información do seu parentesco evolutivo. Canto menor é o número de diferenzas detectadas, maior será o parentesco entre as devanditas especies. Pola contra, cantas mais diferenzas se atopen entre elas, mais afastado no tempo se atopará o seu antecesor común. Os métodos de secuenciación permitiron elaborar árbores filoxenéticas



Comentarios