Tema 5:5 Novas teorías evolucionistas

 O neodarwinismo ou teoría sintética da evolución


As ideas de Darwin significaron un grande avance científico pero deixaba un problema sen resolver: na natureza existe unha gran variabilidade ente os individuos da mesma especie, cal é a causa desa variabilidade?

O neodarwinismo foi proporsto por varios autores a principios do século XX xuntando a teoría da evolución de Darwin ca xenética e outras áreas da bioloxía como a bioquímicad e a paleontoloxía


Principais axentes do neodarwinismo


A causa da variabilidade biolóxica observada por Darwin débese ás mutacións e á recombinación xenética que se produce durante a meiose e que orixina novas combinacións de xenes nos descendentes

A selección natural actúa sobre a variabilidade xenética, os individuos dunha poboación son portadores de diferentes alelos responsable do seu fenotipo, a selección natural actúa sobre estas variedades e elinima os fenotipos menos vantaxosos

A evolución prodúcese gradualmente como resultado dos pequenos cambios nas frecuencias dos distintos alelos dunha poboación

A únidade evolutiva non é o individuo senon a poboación


Teoría neutralista ou neutralismo

O neodarwinismo foi a teoría imperante ata 1970 pero non é a única teoría aceptada actualmente.

O xenista xapones Motoo Kimura propuxo a teoría neutralista ou neutralismo, que se basea en dous principios:

A maioría dos cambios que se producen no ADN son neutros á selección natural.

O azar, e non a selección natural, é o que produce as variacións. Unha mutación mantense ou non polo azar


Teoría do equilibrio puntuado ou saltacionismo


Esta teoría propón:

A evolución dass especies non ten lugar de maneira gradual e por unha lenta acumulación de pequenos cambios, senón que se produce de forma moi irregular, a saltos. Unha especie mantense por longos periodos no que non sufre ningunha variación ata se da un período de evolución moi intensa


A ausencia de pasos intermedios no rexistro fósil, que os darwinistas atribuen a un rexistro fósil incompleto, corresponde a falta real destas formas intermedias


04. La biodiversidad: origen y conservación. - Tatiana Giraldez Sanchez


Comentarios