Tema 5:3 A evolución dos seres vivos

 

Na terra existe unha gran diversidade de seres vivos. Por que existen tantas especies? Porque hai tanta variedade etre elas e dentro de elas? As respostas que deron os naturalistas foron dependendo das concepcións da época





O fixismo e o catastrofismo


O fixismo sostiña que as especies non cambian e que, polo tanto, se mentañen inalterables ao longo do tempo.

Según esta teoría, as especies que poboaron a Terra serían, desde a súa orixe, tal e como as coñecemos, sen ningún tipo de variación

O descubremento de fósiles pertencentes a especies que non exísten na actualidade levou a propoñer a teoría do catastrofismo

Segundo esta teoría, ao longo da historia da terra tiveron lugar catástrofes naturais a escala planetaria que causaron a extinción súbita de especies que se mantiveron sen cambiar durante moito tempo, tras a desaparición desas especies tería lugar a creación doutras e os fósiles serían os restos das anteriores


O preevolucionismo


A finais do sécuo XVIII as teorías fixistas comezan a ser cuestionadas, apuntando a unha idea dunha transformación das especies 

George Leclerc foi o cintífico que ofreceu a primeira versión naturalista da historia da Terra. Sostiña que os seres vivos transformábanse ou evolucionaban por efecto da acción de factores ambientais

Estas ideas terían unha gran influencia en posteriores naturalistas como Lamark e Darwin

Comentarios