Tema 4:5 A enxeñería xenética

 Que é a enxeñería xenética?


Coñécese como enxeñería xenética ao conxunto de técnicas que permiten illar, cortar, combinar e unir fragmentos de ADN nunha única molécula de ADN e transferila a outra célula. Iso permite transferir xenes entre distintos individuos da mesma ou de distinta especie

A molécula de ADN resultante denomínase ADN recombinante e o organismo cuxo xenoma se modifiou (OMX) denomínase organismo transxénico. As técnicas de enxeñería xenética son posibles grazas á acción de encimas que copian, cortan ou unen o ADN

A enxeñría xenética experimentou un auxe nos últimos anos, xa que permite producir grandes cantidades de proteínas de interese, de forma rápida e segura utilizando bacterias ou fermentos modificados xenéticamente


A producción de proteínas mediante enxeñería xenética


A insulina, por exemplo, hormona que se utiliza para tratar a diabetes, antes obtíñase a partir de extractos de animais, actualmente, a insulina prodúcese usando bacterias modificadas mediante enxeñería xenética

36 años de insulina transgénica salvando la vida de los diabéticos -  ChileBIO

Técnicas de enxeñería xenética


As técnicas de enxeñería xenética para producir proteñinas, como a insulina humana, realízanse seguindo un protocolo que inclue as seguintes etapas


- A partir dunha célula humana de páncreas, localízase e íllase o xene que codifica para a insulina mediante encimas que cortan a molécula de ADN

- O xene humano insírese no ADN dun plásmido bacteriano que actúa como vector para transferilo á bacteria

- Selecciónase as bacterias que conteñen o xene da insulina inserido no seu ADN, para iso utilízase algúns xenes marcadores (xenes coñecidos que permiten identificar estas bacterias)

- Faise medrar as bacterias, modificadas xenéticamente, en grandes fermentadores e en condicións favorables para que, mediante reproducción asexual, produzan millóns de bacterias idénticas co xene da insulina humana

- O xene da insulina transcríbese e tradúcese producindo grandes cantidades de insulina, que as bacterias segregan no medio de cultivo

- A insulina recóllese

As bacterias e os fermentos son os microrganismos mais utilizados en enxeñería xenética

Comentarios