Tema 4:3 As mutacións e a súa importancia biolóxica

Que son as mutacións?

As mutacións son cambios no material xenéticos que se producen ao azar. Poden ocorrer en calquera célula do organismo

As mutacións ocorren, de forma natural, cunha frecuencia moi baixa pero poden aumentar pola acción de certos axentes mutaxénicos, como as radiacións (raios X, raios gamma e luz ultravioleta) algunhas substancias químicas (alcatran e gas mostaza) e determinados contaminantes ambientais

Isto púidose comprobar nos afectados por accidentes nucleares. Nestas persoas, a incidencia de detrerminadas enfermidades é moi alta ( leucemias e outros tipos de cancro) e moitos dos seua fillos naceron con malformacións, debido ás mutacións producidas nos  xenes dos seus pais, e que se transmitiron a través dos seus gametos

As mutacións poden ser de dous tipos:

- Cromosómicas: Afectan ao número ou á estructura dos cromosomas e débense a erros durante a división celular ou na formación dos gametos. Producen graves consecuencias nos individuos que as posúen

- Xénicas: son cambios na secuencia de nucleótidos do ADN, que afectan á estructura dun xene e en consecuencia alteran a proteína codificada por este xene


Son herdables as mutacións


As mutacións que se producen na mitose (Mutación somáticas) non son herdables e solo afectan ao individuo no que se produce

As mutacións xerminais prodúcense na meiose, polo tanto aos gametos e aos fillos


Enfermidades xenéticas debidas a mutacións: a anemia falciforme


A anemia falciforme é unhha enfermidade orixinada por unha mutación nun único nucleótido do xene que produce a hemoglobina, que só se presenta cando a persoa é homocigota

Comentarios