Tema 4:2 Xenes e contol celular

 Xenes e proteínas

 

Un xene é un segmento de ADN é dicir nucleótidos que contén a información xenética para producir unha proteína. Polo tanto o conxunto de xenes dun individuo ou xenoma determina o conxunto de proteínas que fabricarán as súas células. As proteínas son as responsables das características de cada individuo

 

Que é o código xenético 

 

Denomínase código xenético ao conxunto de instuccións que contén a secuencia de nucleótidos do ADN, para poder sintetizar as proteínas

O código xenético posúe as seguintes características

  • É un código de tres letras. Cada secuencia de tres nucleótidos denominado triplete ou codón, codifica para un aminoácido. Existen 61 tripletes para os distintos aminoácidos
  • É un código dexenerado, dado que todos os aminoácidos, agás a metionina están codificados por mais dun triplete
  • Hai 3 tripletes que non codifican para ningún aminoácido, son tripletes que indican os puntos de inicio e fin de cada proteína
  • O mais importante é que o código xenético é universal, todos os organismos comparten os mesmos códigos para os mesmos aminoácidos (esto foi esencial para o desenvolvemento da biotecnoloxía, xa que permite transferir xenes duns organismos a outros

El código genético – BIOINNOVA 

 A expresión da información xenética do ADN: a sintese de proteínas

 

Denomínase expresión da información ao conxunto de procesos  mediante os que os códigos contidos na secuencia de nucleótidos dos xenes ditan a secuencia de aminoácidos das proteínas

 

Etapas da sintese de proteinas 

 

Transcrición: proceso polo que a secuencia de nucleótidos dun xene do ADN se copia nunha molécula do ARN mensaxeiro (ARBm) As bases U G C A do ARN, únense as bases A C G T do ADN respectivamente. Deste xeito copiase a información  xenética da cadea codificante do ADN, na molécula de ARNm

Saída do ARNm: o ARNm sae do núcleo celular a través dos poros e diríxese aos ribosomas do cioplasma

Tradición: proceso polo que se realiza a unión dos aminoácideos na secuencia ditada polos tripletes do ARNm, e segundo as claves do código xenético. A proteína resultante considérase a expresión da información xenética do xene

Realízase nos ribosomas, que se van desprazando ao longo da cadea de ARNm, lendo os tripletes e ensamblando os aminoáciedos na orde adecuada. Cando o proceso termina, os ribosomas liberan a proteína, recentemente sintetizada, ao citoplasma


Outros tipos de ARN tamén interveñen no proceso de traducción: os ARN ribosómicos (ARNr) que forman a estrutura dos ribosomas, e os ARN de transferencia (ARNt) moléculas mais pequenas que transportan os aminoácidos aos ribosomas

 

Comentarios