Tema 2:1 Como se reproducen as células

A necesidade da división celular


Denomínase reproducción ou división celular ao proceso polo cal unha célula se divide en dúas células fillas.


A división celular permite:

  • O crecemento do corpo, todas as nosas células formáronse por división celular.
  • Renovar tecidos desgastados ou danados .

 

Nos organismos unicelulares cada división celular forma un novo individuo.

Nas células eucariotas a principal forma de división é a mitose.

 DIVISIÓN CELULAR

Cromosomas e división celular

 

Os cromosomas localízanse no núcleo celular e posúen información xenética que se debe transmitir ás células fillas. Os cromosomas están formados por cromatína, a cromatína está formada por unha asociación de ADN e proteínas (histonas)

                                    cromosoma - Citología

Antes da división celular o ADN duplícase para poder repartilo en dúas células fillas

Durante a división celular a cromatina condénsase en cromosomas

Cromosomas e xenes

 

Cada cromosoma contén miles de xenes ordenados linealmente, cada xene é un pequeno segmento da molécula de ADN.

 

O conxunto de cromosomas dun individuo denomínase cariotipo. No caso da especie humana ten 46 cromosomas, 23 herdados da nai e 23 do pai. Case todas as células son diploides (teñen 46 cromosomas), solo os gametos son aploides (teñen 23 cromosomas)      Fusión de los gametos y combinación de su información genética

Comentarios