Tema 1:3 Organización da célula procariota

Todos os seres vivos están formados por células. As primeiras eran moi simples e foron evolucionando en complexidade.

 Hai dous grandes tipos: 


A Célula Procariota

As células procariotas son as mais primitivas, de menor tamaño e son moito mais simples. Son as células das bacterias e cianobacterias

Características:

    • Non teñen núcleo, o seu material xenético está esparcido no citoplasma. Pode ter plásmidos (pequenos trozos de ADN)
    • Presentan unha membrana plasmática formada por unha dobre capa. Ao redor da membrana presenta unha parede celular e a veces unha cápsula, que lle sirven de protección
    • Posuen ribosomas extendidos no citoplasma
    • Os pelos ou pili, son prolongacións da célula que lles permite unirse a outras bacterias ou ao medio
As Bacterias: As bacterias teñen unha organización moi simple, Dividense de forma simple tras replicar o seu ADN e poden transferir xenes dunhas a outras por medio de plásmidos. A maioría das bacterias son beneficiosas ainda que outras producen enfermidades

A Célula Eucariota

As células eucariotas son grandes e complexas, posuen orgánulos onde se realizan diferentes procesos. O material xenético atópase no núcleo. A membrana plasmática é responsable do transporte e intercambio de moléculas entre a célula e o medio. Hai dous tipos de células eucariotas: Animal e Vexetal

O núcleo: No núcleo localízase o meterial xenético e desde el contrólanse as funcións da célula

Partes do núcleo:

    • Envoltura nuclear: Está formada por unha doble membrana. A membrana exterior ten ribosomas asociados
    • Cromatina: Está formada por ADN asociado cunhas proteínas chamadas histonas. Cando se condensan forman os cromosomas
    • Nucleótido É unha estructura nuclear rica en ARN e proteínas. Nel sintetízase o ARN







 

Comentarios