Tema 1:2 As proteínas e os ácidos nucleicos

 As proteínas

As proteínas son biomoléculas de gran tamaño que están formadas por distintas combinacións de aminoácidos (moléculas mais sinxelas)

A estrutura das proteínas é responsable da súa actividade biolóxica e presenta varios niveis de complexidade:


    • Estrutura primaria: É a ordenación (secuencia) dos aminoácidos
    • Estrutura secundaria: É o pregamento da proteína debido a atraccións dos seus aminoácidos
    • Estructura terciaria: Orixinase pola interacción dos aminoácidos e o entorno
    • Estructura cuaternaria: É a asociación de varias cadeas de aminoácidos, téñena as grandes proteínas

 



As funcións da proteína

    • Estructural: Forman parte das membranas e orgánulos celulares
    • Encimática: A regulación das reaccións do metabolismo levada a cabo polas encimas
    • Transporte: Transporta outras moléculas coma o osíxeno ou os lípidos polo sangue
    • Defensa: Realizada polos anticorpos
    • Movemento: Realízano as proteínas contráctiles das células musculares, como a actina e a miosina
Os ácidos nucleicos

Os ácidos nucleicos son grandes moléculas que están formadas pola unión doutras moléculas mais pequena chamadas nucleótidos
Cada nucleótido está formado pola unión dun monoscárido (ribosa/desoxiribosa), unha molécula de ácido fosfórico e unha molécula de base nitroxenada (Adenina, Guanina, Timina, Citosina ou Uracilo)
Hai dous tipos de ácidos nucleicos ADN ( Ácidodesoxirribonucleico) e ARN (Ácidoribonucleico)

O ADN
O ADN é a molécula na que se localiza a información xenética das células de todos os seres vivos, esta información está codificada nos xenes

Características:
    • Cada nucleótido non ten nin ribosa nin uracilo
    • Posue duas cadeas complementarias ( A-T, C-G)
    • Ten forma de doble hélice, cas bases orientadas hacia dentro
O proceso de copia ou síntese do ADN chámase replicación

O ARN
O ARN está formado por unha cadea de nucleótidos formados por ribosa e Adenina, Guanina, Citosina e Uracilo

O ARN sintetízase a través da transcripción xenética a partir do ADN.

Hai distintos tipos de ARN:

ARN mensaxeiro (ARNm): A súa secuencia de nucleótidos é complementaria a unha das cadeas de ADN. Leva a información aos ribosomas, nos que se produce a síntese, esto coñecese como traducción xenética.

ARN de transferencia (ARNt): Ten como función o transporte dos aminoácidos aos ribosomas durante o proceso de síntese

ARN ribosómico (ARNr): Forma parte da estrutura dos ribosomas









 

Comentarios