Tema 1:1 Os compoñentes químicos das células

 Os compoñentes químicos das células

    A materia dos seres vivos están constituidos por bioelementos e biomoléculas.

   Os bioelementos mais importantes son:







A auga

A auga é a molécula mais abundante nos seres vivos. Iso débese ás súas propiedades fisicoquímicas, como o seu gran poder disolvente o que facilita o transporte dos nutrientes e a realización das reaccións químicas que constitúen o metabolismo celular

 

Os sales minerais

Os sales minerais poden ser insolubles en auga. Son útiles para formar estructuras esqueléticas. Ex O carbonato cálcico está presente na cuncha dos moluscos 

Os sales minerais solúbles teñen importantes funcións, como a regulación do pH e da osmose

 

Disolucións, difusión e osmose

 Unha disolución está formada por disolvente e o soluto, no caso dos seres vivos son  a auga e as células, respectivamente

Os procesos de difusión

  • Difusión: É a tendenza natural das partículas de soluto a distribuirse uniformemente no seo dunha disolución
  • Osmose: É a difusión a través dunha membrana semimermeable, que é a que permite o paso de disolvente pero non do soluto

 

A sustancia mais concentrada chámase hipertónica e a menos concentrada hipotónica 

Se as dúas disolucións están equilibradas chamase sustancia isotónica

 

Os glícidos

Os glícidos ou hidratos de carbono son biomoléculas formadas por carbono hidróxeno e osíxeno. Hai distintos tipos:

  • Monosacáridos: Son os glícidos mais sinxelos. Algúns, proporcionan enerxía (glucosa) outros forman parte dos ácidos nucleicos (ribosa e dexosiribosa)
 
  • Disacáridos: Están formados pola unión de dúas moléculas de monosacáridos.Ex: Sacarosa, Lactosa
 
  • Polisacáridos: Están formados por milleiros de monosacáridos unidos e poden desempegar unha función de reserva de enerxía ou estrutural.       Ex: Amidón, Glicóxeno, Celulosa

 

Os lípidos

Os lípidos son biomoléculas orgánicas insolubles en auga que desempregan importantes funcións nas células. Están formados por Carbono Hidróxeno e Osíxeno. 

Hai varios tipos:

  • Triglicéridos: Son moléculas que almacenan gran cantidade de enerxía para as células
  • Ceras: Repelen a auga e serven como illante e protección fronte a humidade
  • Fosfolípidos: Conteñen ácido fosfórico, forman parte das membranas celulares debido ao seu comportamento fronte a auga
  • Terpenos: Son un amplo grupo de lípidos nos que destacan as vitaminas A, E e K
  • Os esteroides: Un importante grupo de lípidos, neles destacan o colesterol a vitamina D e as hormonas sexuais

 

 

 

Comentarios